O voo da vacaloura, ese é o título que tén a miña última obra, coa que veño de gaña-lo III Certame de Banda Deseñada Arcebispo Xelmírez. Trátase dunha historia curta, sen diálogos, na que tentei retrata-lo paso do tempo na terra; o rural que morre... A miña intención era facer unha historia na que, coa excusa da vida dunha persoa, rematase por falar da propia aldea. Déixovos a BD e mailos versos (dun dos meus poetas favoritos) que fixeron agroma-lo guión. Coma sempre, agardo que vos preste.
Terra. E o Tempo, e o Transtorno e as súas Tebras. A tradición dunha triste Tenrura. A Terra é o principio, e todo existe nela e para ela.
Lois Pereiro
sábado, 6 de junio de 2015
jueves, 30 de abril de 2015
Entrevista!! Francotiradores de cadriños
Ola de novo!
Hoxe publicaron unha moi interesante reportaxe en Culturagalega sobre a autoedición na BD do país, titúlase Francotiradores de cadriños. E fixéronme unha entrevista! Nela falo un chisco de como comecei cos fanzines e cales son os meus próximos proxectos. Amais de min, entrevistan a Fernando Castro , a Kike J. Díaz , a Marcos B. e a Los Bravú .
Botádelle un ollo, que seguro que vos ha prestar!!
Francotiradores de cadriños

martes, 21 de abril de 2015
Cristian F. Caruncho: Páxina de Facebook!
Pois sí, fixen unha páxina de Facebook! E non foi sen tempo!
Hai unhas semás fixen a miña propia páxina de FB, chámase Cristian F. Caruncho ! Nela hei ir poñendo tódalas novidades sobre os meus proxectos e hei ir colgando todos eses debuxos que vaia facendo. Isto non quere dicir que abandoe o blogue ( abandoa-lo máis do que o teño abandoado, que xa é dicir), senón que reservarei o Alecrins e tinta china pra explicacións máis longas, e contunuarei colgando aquí as miñas BD's.
Pois iso, se queredes estar ben ó tanto do que faigo, pasádevos pola páxina Cristian F. Caruncho e dádelle a "gústame"!
Unha aperta!!

lunes, 24 de noviembre de 2014
jueves, 13 de noviembre de 2014
Viaxe ás Metrópoles Delirantes!
Supoño que moitos de vós xa coñecerede-lo programa Metrópoles Delirantes , ese marabilloso espazo onde a BD é a protagonista, todo da man das encantadoras persoas que son Nieves Rodriguez e mailo Señor B (e os que aínda non saibades deste proxecto tedes que lle botar un ollo e unha orella na súa web www.metropolesdelirantes.com !). Pois,o outro día ,tiven o pracer de que me fixesen unha entrevista! Entre unha cousa e outra púxenme moito máis nervioso do que pensaba e acabei respostando sen moito xeito ás preguntas que me fixeron. Malia a iso, foi unha experincia magnífica. Por favor, reservade un intre pra escoita-lo programa, no que amais da miña entrevista poderedes atopar outra a Fran Bueno, falando do seu último libro, e máis cousas...
Un programa feito cunha chea de amor!!
Programa 19 Metrópoles Delirantes
Un programa feito cunha chea de amor!!
Programa 19 Metrópoles Delirantes
viernes, 24 de octubre de 2014
Proceso de debuxo de Por un saco de Patacas!!
Hoxe vouvos amosa-lo proceso que seguín pra face-las páxinas da miña última BD Por un saco de patacas ( por certo, mellor lede primeiro o cómic antes de ver estas páxinas , pra que non vos estraguen a historia...)!
01-Despois de planifica-la composición da páxina nuns cantos folios (ou nas libretas do instituto), debuxo todo con portaminas azul nun A4. Uso uns folios que teñen as marxes azuis coas medidas e así aforro ben tempo ó traza-los marcos .
02- Deseguido, paso todo a tinta con pincel, inda que pra algunhas cousas coma o recadro das viñetas emprego rotuladores finiños.
03-Cando teño o entintado, escaneo a 600ppi. Pra rematar, co Photoshop poño tramas pra crear atmosferas, e mais algúns detalles coma salpicaduras, etc
E xa está ! Este é o meu xeito de debuxar, agardo que vos prestase a mini-explicación!
Velaquí vos poño outros exemplos !
Deica outra!!
miércoles, 15 de octubre de 2014
Por un saco de patacas completo!!
Hai uns días rematei de lle face-la portada e maila contraportada a Por un saco de patacas! Ademáis, mudeille a trama a algunhas páxinas e metín detalles que antes non poidera pór por falta de tempo...
Deixo aquí á vosa disposición a obra enteira!
Que vos aproveite esta noite de terrorífico luar en Rego Torto!!
De agasallo colgo tamén o proceso completo de creación da portada !!
Deixo aquí á vosa disposición a obra enteira!
Que vos aproveite esta noite de terrorífico luar en Rego Torto!!
De agasallo colgo tamén o proceso completo de creación da portada !!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)