E, por fin, aquí está “O Home que liberou a fraga”. E, antes de nada, non é ese Fraga que foi presidente. Digo isto porque ultimamente é unha broma que moita xente me repite. E quero aclaralo xa!!!
O cómic que aquí vos presento compónse dunha primeira historia de catro páxinas principais e doutras catro máis pra completa-lo conto. A primeira parte foi a que enviei no abril do 2011 ó Concurso de Banda Deseñada da Mariña do IES Perdouro de Burela, e gañou o 1º premio na categoría absoluta.
A historia vai dun home que axuda ás árbores dunha fraga perante o ataque invasor duns eucaliptos que se queren apoderar desa terra.
Pois nada, espero que vos divertades e sobre todo que vos concienciedes coa problemática que intento analizar aquí (aínda que non sei se me sairía moi ben...).