viernes, 30 de noviembre de 2012

Exposición de Banda Deseñada: Exile on Rego Torto St.!!

Pois sí, amigos, unha exposición de banda deseñada: "Exile on Rego Torto St."!!!!!


O día 5 de decembro ás 19:00 h inaugurase no Museo Ortegalia (Ortigueira) unha exposición na que poderedes ver gran parte do meu traballo (case unha trintena de orixinais) dende o ano 2010 ata hoxe. Alí teremos oportunidade de falar acerca da expo, dos meus orixinais e dos meus fanzines e, como non, de levardes algunha que outra dedicatoria ou debuxiño que vos facerei de moi boa gana.

A mostra permanecerá ata o 6 de xaneiro e a entrada , por suposto, é libre ! 
Podedes obter máis información da exposición e do museo no seu blogue http://fundacionortegalia.blogspot.com.es/.

Deixovos aquí embaixo o cartel que realicei para anuncia-lo evento e que, como podedes ver, é unha versión do famoso disco dos Rolling Stones "Exile on Main St." ( de aí o nome da expo de "Exile on Rego Torto St."). A verdade é que me levou tempo abondo facelo porque tiven que debuxar unha morea de cousas para simular fotografias da aldea: Salustio, Argamiro e a vella Maruxa de nenos, Clint Cerna co seu fillo no colo, un Argamiro maquillado ó David Bowie... pero o resultado penso que, alomenos nalguns detalles , quedou bastante ben.
Pois nada máis, se tedes oportunidade, pasádevos por aquí para coñecer mellor e de preto a aldea de Rego Torto e os seus habitantes. Xa estou agardando por vós!
Unha aperta !!


viernes, 23 de noviembre de 2012

Salustio e a festa nacional



Que tal vos vai??
Xa pensabades que non me lembraba de que tiña un blogue? Ás veces eu tamén cheguei a crelo, pero máis vale tarde ca nunca.
E, como é costume, aquí está o meu último cómic: Salustio e a festa nacional.
Case me da vergoña confesalo pola tardanza, pero presenteino este agosto no Viñetas dende o Atlántico e houbo xente, á que lle debín de dar tanta pena, que incluso mo mercou. Os camiños da banda deseñada son sorprendentes...
Neste cómic volvo a emprega-lo sentido de lectura xaponés e en canto á historia ... pois non é que estea moi ben, de feito é bastante maliña , pero o meu obxectivo principal era practicar co pincel e , sobre todo, coas tramas . Que ocorre no libro? Pois que Salustio terá que afontar un novo reto. Esta vez, deberá salva-las súas vacas dunha inquedante ameaza que nen sequera se podía imaxinar...
Que será iso que pon en perigo os animais da aldea ? Pois descargádeo no enlace de abaixo e a sumerxirse no Universo Rego Torto, agardando que polo menos botedes algunha gargallada.


martes, 28 de febrero de 2012

Páxinas de Salustio e a "Festa Nacional"

Hoxe vouvos ensinar algo da miña última banda deseñada , Salustio e a "Festa Nacional". Xa tiña que estar acabada hai moitísimo tempo pero , entre unha cousa e outra , aínda non a rematei. Na historia , Salustio vai ter que afrontar un novo perigo ... e non vos conto máis porque senón despois non vades querer le-lo cómic !
Ben , pois aquí deixo unhas páxinas a lapis , e outras pasadas a pincel ( para estar acabadas aínda lles teño que poñer os bocadillos , algunha que outra trama ... ). Espero que vos gusten estes orixinais amigos !  Deica  logo !  




 






martes, 29 de noviembre de 2011

Disco 1: Alecríns N´ Tinta China


Aquí estou de novo compañeiros!
Estes días non puiden debuxar moito por mor dos exames ,síntoo, pero indo ó gran hoxe falareivos dun dos “proxectos” que teño pensado facer .Trátase dunha colección de portadas de discos dos meus grupos favoritos ,e que despois, eu versiono con ilustracións de Alecríns e Tinta China ,Rego Torto, etc. De momento xa teño pensado uns cantos deseños , dende os Rolling Stones ata Arcade Fire, pasando por Frank Sinatra, Nirvana e moitos máis . Probablemente a maioría deles queden no tinteiro por unha cousa ou por outra , pero nestes casos a mellor solución é poñerse a garabatear!!
O debuxo de enriba é unha versión da famosa calaveira de Guns N´ Roses , eu simplemente substituín o nome polo de Alecríns N´ Tinta China e ,despois, as rosas por alecríns ,o arame de espiño por toxos e as pistolas polo pincel e a prumilla. E, como calquera excusa é boa para practicar, fixen todo a pincel . Ese foi o resultado .
Espero que vos guste amigos!!!

jueves, 27 de octubre de 2011

Couzadoiro comuneiro!!!


Ola a todos!!!
Poño aquí unha pequena historia “crítica” que fixen este verán para axudar nunha loita que hai na nosa parroquia.
A viñeta repartiuse nunha manifestación que fixemos para reclama-los nosos dereitos, pedindo a devolución dos montes veciñais dos cales se apropiou o concello. En total fixéronse uns 150 exemplares cos que eu contribuín, despois entregámolos a tódolos acudintes (incluído ó alcalde e os seus “secuaces” que ,pola cara que puxo , penso que non “captou ben o noso humor”,je,je...)
Ben,espero que vos guste amigos, e que vos solidaricedes coa nosa causa ao berro de:

COUZADOIRO COMUNEIROOOOOO!!!!!!!!!!

jueves, 13 de octubre de 2011

Practicando co Pincel !!

Esta tempada estou practicando o debuxo co rotulador de punta de pincel,polas recomendacións que me fixeran algúns debuxantes, e é aínda moito máis difícil do que cría !!! Sen embargo penso que tódolos retos son bos para mellorar e teño a sorte de que me divirto moitísimo con isto! De momento os resultados son moi mediocres ,pero espero que (a base de borróns) vaian a mellor.


O outro día lin O Heroe ,a nova obra de David Rubín, na que fai unha excelente adaptación do mito de Heracles. Recoméndovola a todos , asegura diversión e emoción a esgalla .Como xa vos dixen antes estou practicando co pincel así que fixen un debuxo de Heracles ,o protagonista do libro de David, poñéndoo un pouco máis ao meu estilo e cunha forma de vestir máis “regototortiana” .
Ao principio tiña pensado facer menos cousas co pincel, pero despois animeime a debuxarlle tamén o nariz ,a barba, e algún que outro detalliño deste xeito ,porque ao fin e ao cabo isto é un “boneco de probas” (aínda que as mans ,os botóns e a casa do fondo estean a pilot ...).Pois nada,espero que vos guste e a ver se a partir de agora vou colgando algo do que faga cos pinceis ou coa prumilla. Así vós poderedes darme a vosa opinión.
Déixovolo aquí amigos!!

miércoles, 31 de agosto de 2011

O Home que Liberou a Fraga




E, por fin, aquí está a miña última obra: “O Home que liberou a fraga”. E, antes de nada, non é ese Fraga que foi presidente. Digo isto porque ultimamente é unha broma que moita xente me repite. E quero aclara-lo XA!

O cómic que aquí vos presento componse dunha primeira historia de catro páxinas iniciais e doutras catro máis para completa-lo libriño. A primeira historia foi a que enviei este ano en abril ó Concurso de Banda Deseñada da Mariña do IES Perdouro de Burela, e gañou o 1º premio na categoría libre. 
A historia vai dun home que axuda ás árbores dunha fraga ante o ataque invasor duns eucaliptos que se queren apoderar desa terra.

Pois nada, espero que vos divertades e sobre todo que vos concienciedes coa problemática que intento analizar aquí (aínda que non sei se me sairía moi ben...). 

Coma sempre, déixovos o enlace para descarga-lo cómic: