.cloud-label-widget-content { text-align:center; font-weight: bold; } .cloud-label-widget-content span { padding: 0 0 0 5px; } .cloud-label-size-1 a {color: #8b8989; font-size:20px;}

Ler cómics

jueves, 30 de abril de 2015

Entrevista!! Francotiradores de cadriños

Ola de novo!
Hoxe publicaron unha moi interesante reportaxe en Culturagalega sobre a autoedición na BD do país, titúlase Francotiradores de cadriños.  E fixéronme unha entrevista! Nela falo un chisco de como comecei cos fanzines e cales son os meus próximos proxectos. Amais de min, entrevistan a  Fernando Castro , a Kike J. Díaz , a Marcos B. e a Los Bravú . 
Botádelle un ollo, que seguro que vos ha prestar!!

Francotiradores de cadriños

martes, 21 de abril de 2015

Cristian F. Caruncho: Páxina de Facebook!

Pois sí, fixen unha páxina de Facebook! E non foi sen tempo!
Hai unhas semás fixen a miña propia páxina de FB, chámase  Cristian F. Caruncho ! Nela hei ir poñendo tódalas novidades sobre os meus proxectos e hei ir colgando todos eses debuxos que vaia facendo. Isto non quere dicir que abandoe o blogue ( abandoa-lo máis do que o teño abandoado, que xa é dicir), senón que reservarei o Alecrins e tinta china pra explicacións máis longas, e contunuarei colgando aquí as miñas BD's.
Pois iso, se queredes estar ben ó tanto do que faigo, pasádevos pola páxina  Cristian F. Caruncho e dádelle a "gústame"!
Unha aperta!!