.cloud-label-widget-content { text-align:center; font-weight: bold; } .cloud-label-widget-content span { padding: 0 0 0 5px; } .cloud-label-size-1 a {color: #8b8989; font-size:20px;}

Ler cómics

viernes, 30 de noviembre de 2012

Exposición de Banda Deseñada: Exile on Rego Torto St.!!

Pois sí, amigos, unha exposición de banda deseñada: "Exile on Rego Torto St."!!!!!


O día 5 de decembro ás 19:00 h inaugurase no Museo Ortegalia (Ortigueira) unha exposición na que poderedes ver gran parte do meu traballo (case unha trintena de orixinais) dende o ano 2010 ata hoxe. Alí teremos oportunidade de falar acerca da expo, dos meus orixinais e dos meus fanzines e, como non, de levardes algunha que outra dedicatoria ou debuxiño que vos facerei de moi boa gana.

A mostra permanecerá ata o 6 de xaneiro e a entrada , por suposto, é libre ! 
Podedes obter máis información da exposición e do museo no seu blogue http://fundacionortegalia.blogspot.com.es/.

Deixovos aquí embaixo o cartel que realicei para anuncia-lo evento e que, como podedes ver, é unha versión do famoso disco dos Rolling Stones "Exile on Main St." ( de aí o nome da expo de "Exile on Rego Torto St."). A verdade é que me levou tempo abondo facelo porque tiven que debuxar unha morea de cousas para simular fotografias da aldea: Salustio, Argamiro e a vella Maruxa de nenos, Clint Cerna co seu fillo no colo, un Argamiro maquillado ó David Bowie... pero o resultado penso que, alomenos nalguns detalles , quedou bastante ben.
Pois nada máis, se tedes oportunidade, pasádevos por aquí para coñecer mellor e de preto a aldea de Rego Torto e os seus habitantes. Xa estou agardando por vós!
Unha aperta !!


viernes, 23 de noviembre de 2012

Salustio e a festa nacional



Que tal vos vai??
Xa pensabades que non me lembraba de que tiña un blogue? Ás veces eu tamén cheguei a crelo, pero máis vale tarde ca nunca.
E, como é costume, aquí está o meu último cómic , feito no 2012: Salustio e a "festa nacional".
Case me da vergoña confesalo pola tardanza, pero presenteino este agosto no Viñetas dende o Atlántico e houbo xente, á que lle debín de dar tanta pena, que incluso mo mercou. Os camiños da banda deseñada son sorprendentes...
Neste cómic volvo a emprega-lo sentido de lectura xaponés e en canto á historia ... pois non é que estea moi ben, de feito é bastante maliña , pero o meu obxectivo principal era practicar co pincel e , sobre todo, coas tramas . Que ocorre no libro? Pois que Salustio terá que afontar un novo reto. Esta vez, deberá salva-las súas vacas dunha inquedante ameaza que nen sequera se podía imaxinar...
Que será iso que pon en perigo os animais da aldea ? Pois botádelle un ollo ou descargádeo no enlace de embaixo e a se mergullar no Universo Rego Torto, agardando que polo menos botedes algunha gargallada.