.cloud-label-widget-content { text-align:center; font-weight: bold; } .cloud-label-widget-content span { padding: 0 0 0 5px; } .cloud-label-size-1 a {color: #8b8989; font-size:20px;}

Ler cómics

miércoles, 31 de agosto de 2011

O Home que Liberou a Fraga




E, por fin, aquí está “O Home que liberou a fraga”. E, antes de nada, non é ese Fraga que foi presidente. Digo isto porque ultimamente é unha broma que moita xente me repite. E quero aclaralo xa!!!

O cómic que aquí vos presento compónse dunha primeira historia de catro páxinas principais e doutras catro máis pra completa-lo conto. A primeira parte foi a que enviei no abril do 2011 ó Concurso de Banda Deseñada da Mariña do IES Perdouro de Burela, e gañou o 1º premio na categoría absoluta. 
A historia vai dun home que axuda ás árbores dunha fraga perante o ataque invasor duns eucaliptos que se queren apoderar desa terra.

Pois nada, espero que vos divertades e sobre todo que vos concienciedes coa problemática que intento analizar aquí (aínda que non sei se me sairía moi ben...). 


5 comentarios:

  1. Rapaz, ti non es normal! Collín un impreso de ''Salustio en América'' en Viñetas desde o Atlántico e quedei flipando. Se con 13 anos tes esa intuitiva para deseñar páxinas de cómic, imos flipar contigo o día de mañá.
    Dende logo a min xa me frustraches jajja moito imos ter que currar todos!
    Segue así! ;)
    Por certo, dame un erro ó descomprimir ''O home que salvou a fraga''.

    ResponderEliminar
  2. Jo, neniño, isto está moi moi ben. Traballa, persevera e tira para adiante. Non o deixes (se che gusta, claro). Encantoume.

    ResponderEliminar
  3. Intentei descargar os teus traballos, pero non hai maneira. Mira a ver se falla algo, aínda que non desboto a posibilidade de que sexa eu quen falle ;)
    O que vin, desde logo, impresionoume. Ánimo!

    ResponderEliminar
  4. Moi bo! Parabéns!

    A veces non hai como cortar polo san...

    ResponderEliminar